jueves, 17 de agosto de 2017

O Lobo da Xente (Vicente Risco)


Relato breve de Vicente Risco (1884-1963) publicado en la revista Lar, 1925, A Coruña.

 

O Lobo da Xente

***

 Osucedido que vou referir contáronmo como certo. Dixéronme onde foi, que foi preto de Trives; vive aínda quen mo contou, e que, cando era novo, coñeceu a todas as persoas que andaron na historia, porque tampouco non hai tanto tempo que pasou: haberá coma cincuenta ou sesenta anos. Mais entre aquel tempo e o noso hai moita máis distancia que a que eses sesenta anos representan: hai toda a que poñen a soberbia e a pseudo cultura. Dígoo porque agora que andan os sabios esbesullándose para esculcaren unha chea de feitos desta clase, o vulgo letrado das vilas non quere dar creto a estas historias por máis que llo aseguren persoas asisadas e verdadeiras. Eu teño para min que os antigos sabían disto moito máis do que nós podemos sospeitar tan sequera, e que moito do que sabían os antigos aínda o sabe o vulgo iletrado das aldeas. Mais imos ao conto. Era polo castañar. O tempo era revolto e outonizo, chovía por veces e facía tan escuro que era noite pouco despois de xantar. Ía un tempo coma de día de defuntos, e a tristura do mes das ánimas espallábase xa empardecendo o ceo por toda a banda. O Ánxel andaba nun souto, onda o río da Cabalar. Era nativo de Sobrado e aínda non chegara ás quintas. Tiña o cabelo claro, os ollos azuís, as meixelas roxas. Tiña un gran peito e brazos fortes, e era coraxoso e valente. Estaba termando dun sequieiro e saíra nunha escampada a apañar folla no souto…

 

Para seguir leyendo, en gallego, PDF por cortesía de la Fundación Vicente Risco:

http://www.fundacionvicenterisco.com/gfx/Descargas/Textos_Vicente_Risco/O%20Lobo%20da%20Xente%202014%20web.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario